19/11/2024
As modalidades de viaxe ofertadas son as seguintes:
🏖 𝐙𝐨𝐧𝐚 𝐂𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐏𝐞𝐧𝐢𝐧𝐬𝐮𝐥𝐚𝐫: estancias en zonas da Costa Peninsular de 10 ou 8 días en Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana ou Cataluña.
🏝 𝐙𝐨𝐧𝐚 𝐂𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐈𝐧𝐬𝐮𝐥𝐚𝐫: estancias de 10 ou 8 días en zonas da Costa Insular (Canarias e Illas Baleares).
⛰ 𝐓𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐬𝐜𝐚𝐩𝐚𝐝𝐚: estancias de 4, 5 e 6 días cos seguintes tipos de viaxes e actividades:
🔹 Circuítos culturais.
🔸 Turismo de natureza.
🔹 Viaxes a capitais de provincia.
🔸 Viaxes a cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Os 𝐫𝐞𝐪𝐮𝐢𝐬𝐢𝐭𝐨𝐬 para poder participar:
Destinado a persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
🔸 Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
🔹 Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos ou máis cumpridos.
🔸 Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego (dentro do Sistema de Seguridade Social Español), en tódolos casos con 60 anos ou máis cumpridos.
🔹 Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos ou máis cumpridos.
📝 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 de presentación:
O prazo para a presentación de solicitudes exténdese dende o mércores 13 de novembro de 2024 ata aproximadamente o mes de maio de 2025.
💻 Para tramitar solicitude ou obter máis información acuda a 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies