Noticias e alertas

🗣 𝐄𝐍𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐎𝐍𝐋𝐈𝐍𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀𝐒: “Abordaxe da sexualidade con nenos, nenas e adolescentes dende o ámbito familiar”

28/05/2024

O Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online 💻 dirixido a nais 👱‍♀️ e pais 🧔 para abordar o mundo afectivo-sexual dende o ámbito das familias de nenas, nenos e adolescentes.

Este obradoiro será impartido de xeito online 📲 ( a través da plataforma zoom) por 👩‍🏫 Susana Piedra Zorrilla, psicóloga con número de colexiada: M-19528, responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos 👶, nenas 👧 e adolescentes 👨‍🦰 e fomento da parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:

▪️ Adolescencia e preadolescencia
▫️ Condutas de risco no ámbito da sexualidade.
▪️ Educación afectivo sexual na pre e adolescencia. Características e pautas familiares.
▫️ Mitos e realidades nas familias en torno á sexualidade.
▪️ Competencias familiares para un desenvolvemento afectivo-sexual.


🗓 Data: 3 de xuño 2024

⏰Horario: de 17.00 a 18.30 horas

🖥Inscricións a través do seguinte enlace 👇 https://forms.office.com/e/cz0fMRxny2


🔹+ INFO

Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.

✉️ prevenciondrogas@rabade.org

☎️ 982 39 00 62 (María Barreiro)

🖥 http://www.prevenciondedrogas.es/

🗣 𝐄𝐍𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐎 𝐎𝐍𝐋𝐈𝐍𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀𝐒: “Abordaxe da sexualidade con nenos, nenas e adolescentes dende o ámbito familiar”

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies